Lingua de sinais dos indios das chairas

Lingua de sinais dos indios das chairas
Outros nomes:Sinais das chairas, sinais das primeiras nacións
Utilizado en: Estados Unidos de América, Canadá e México
Rexións: Norteamérica
Total de usuarios: 75 (sen data)
Familia: Lingua de sinais
 Illada
Antiga lingua de comercio
  Lingua de sinais dos indios das chairas
Status oficial
Lingua oficial de: Recoñecida como lingua oficial nas cortes, na educación e na asemblea lexislativa de Ontario.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
ISO 639-3: psd
Mapa

     Distribución histórica.
Status
Anacos de filmes rodados durante a Conferencia de 1930 de PISL, amosando ao xeneral Hugh L. Scott e membros de varias tribos falando con sinais.[1]

A lingua de sinais dos indios das chairas ou fala de sinais das chairas,[2] é unha lingua de sinais e unha lingua comercial (ou lingua auxiliar), antigamente un pidgin de comercio, que foi unha lingua franca ó longo do Canadá central, do oeste e o centro dos Estados Unidos e do norte de México, empregado entre as nacións indíxenas das chairas. Era empregado para contar historia, na oratoria, en diversas cerimonias e pola xente xorda no día a día.[3]

O termo 'fala de sinais das chairas' é preferido no Canadá, xa que o termo 'indio' é considerado pexorativo. Deste xeito, as publicacións e artigos sobre a lingua varían moito sobre no seu nome dependendo da súa orixe.

  1. "Indian Sign Language Council of 1930" – vía www.youtube.com. 
  2. Darin Flynn. Universidade de Calgary, ed. "Canadian Languages". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2015. 
  3. McKay-Cody, Melanie Raylene (1998). "Plains Indian Sign Language: A comparative study of alternative and primary signers". En Cathryn Carrol. Deaf Studies V: Toward 2000--Unity and Diversity. Washington DC: Gallaudet University Press. ISBN 1893891097. 

Developed by StudentB